jueves, 3 de mayo de 2007

GUÍA DE USUARIOS DA BIBLIOTECA

CEIP Fermín Bouza Brey
Avda. Fermín Bouza Brey, 15
36860 PONTEAREAS
ceip. bouza.brey@edu.xunta.es


GUÍA DA BIBLIOTECA ESCOLAR

1.-A biblioteca:”Un mundo por descubrir”

D. Moucho e os seus amigos, as nosas mascotas, invítanvos a descubrir un mundo novo nos libros, a abrir a porta máxica da lectura con apaixonantes aventuras.
Polo seu arredor hai tamén outras cousas por descubrir: a vida dos animais, das plantas, outros lugares…;e os libros están aí para darvos respostas entre as súas páxinas.
Coidamos que os libros constitúen un medio fundamental para coñecer e comprender mellor o mundo no que vivimos.

2.-A organización dos fondos

o Os libros informativos están situados nas estanterías do fondo, ordenados pola Clasificación Decimal Universal (CDU) e sinalizadas mediante carteis que indican a clase á que pertence, unha cor, un número e un nome.

o Os CDs, vídeos, DVDs e CDrom están gardados nun armario específico.

o Os libros de ficción están clasificados polo nivel lector por eso levan un texuelo na parte inferior do lomo:

Amarelo ----------------- Primeiros lectores
Azul---------------------- Lectores en marcha
Vermello----------------- Lectores avanzados

o Os libros de galego están nunha estantería e os de castelán noutra. Cada andel xa está sinalado coa língua que lle corresponde.

3.-Horario

o A biblioteca permanecerá aberta durante o recreo e estará atendida polo profesorado de garda correspondente e polo grupo de alumnos axudantes do terceiro ciclo. Non se fará préstamo nin devolucións nestas horas.

o Cada curso terá asignada unha hora na que baixarán co seu titor e na que se fará o préstamo e devolucións, así coma o uso de ordenador, se o precisaran.

o Polas tardes permanecerá aberta dende as 17:00 ata as 18:00 para lectura ou realización de traballos escolares e será atendida polo profesorado de garda.

4.-Normas xerais

o Na biblioteca deberase estar en riguroso silencio.

o Non se permitirá o acceso á mesma con ningún tipo de comida nin bebida.

o O uso dos libros será sempre coidadoso e sen quitarlle ningunha pegatina, poñendo en coñecemento do profesor encargado calquera estrago detectado.

o Os libros usados haberá que deixalos no mesmo sitio.

o O ordenador pode utilizarse para consultar enciclopedias, diccionarios, CD ROM, para buscar información en Internet…

o A navegación por Iternet pode ter riscos.Por iso deben ter moi en conta algunhas orientacións:

- Sempre se utilizará internet en presenza da bibliotecaria ou mestre.
-Non deben dar os seus datos persoais a ninguén a través de internet.
- Evitar quedar con persoas ás que se coñezan a través de internet.
- As actividades de carácter persoal, tales como enviar ou recibir correos electrónicos ou entrar nun chat non se levarán a cabo dende a Biblioteca.
- Do uso responsable deste servizo dependerá a continuidade do mesmo así como posibles ampliacións ou restriccións que pudieran darse no futuro


5.-Préstamo

o O prazo máximo de préstamo será de 15 días.Poderá prorrogarse se o libro non ten moita demanda.

o Cada un dos libros, ten dentro unha ficha nela atoparán o título do libro e o nº de rexistro. - Se queren levalo terán que encher a ficha:

A) Aula á que pertence.
B) Data de saída.
C) A continuación gardarán a ficha no arquivo que
corresponde, por orden de curso.Se o profesor
o prefire pode levalas para clase.

- Cando devolvan o libro buscarán (no arquivo) a ficha correspondente e porán nel a data de devolución, colocarano de novo dentro do libro e no mesmo andel de onde o colleron.

- Se non pensan levarse o libro fora da biblioteca, non é necesario cubrir a ficha nin sacala do bolsilibro..

o O retraso na devolución dun libro será posto en coñecemento do prestatario a fin de que corrixa de inmediato a situación.

o Cada lector é responsable dos libros que toma en préstamo, e en caso de deterioralo ou perdelo terá que repoñelo ou ben aboar o importe actualizado do mesmo.

o As enciclopedias, diccionarios, atlas e libros de consulta non son prestables, xa que deben estar ao servizo de tódolos usuarios.

o Biblioteca de aula.O profesor titor pode retirar mensualmente ou trimestralmente un lote de libros para formar a súa biblioteca de aula e poder ler na clase.Este lote de libros terá que quedar rexistrado na biblioteca.O profesor terá en conta o seguinte:

* Fará un listado dos libros.

* Cubrirá as fichas de cada libro.

* Ambas cousas as deixará na biblioteca.
Se prefire pode levalas para clase.

Para unha boa organización, 15 días antes de rematar o curso, cada profesor entregará ao encargado/a da biblioteca todos os volúmes que teña na súa biblioteca de aula.

o Durante o mes de xuño non se fará préstamo para poder facer o inventario.


6.-Participación

O alumnado e profesorado pode participar na xestión da biblioteca escolar de diversos xeitos:

o A través do “Caixón de suxerencias” poden facer propostas.

o “O meu libro favorito”, é unha estantería na que o alumnado coloca os libros que despois de lelos recomendaría aos seus compañeiros.

o Os Alumnos Bibliotecarios do terceiro ciclo de Primaria, durante os recreos informan e axudan aos seus compañeiros, forran e arranxan libros estropeados…




Equipo de Apoio á Biblioteca
Setembro 2006